Artistas bergantiñáns estrea unha nova exposición mitolóxica no Pazo da Cultura
Seguen en Dombate coa exposición "A etérea fraxilidade humana", pero o colectivo de artistas bergantiñáns xa están pensando na seguinte. Os Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMÑ (Maribel Castiñeira), Loli España, Luis Pesce e Mon Lendoiro estrean este sábado no Pazo da Cultura a exposición colectiva “O susurro dos antergos”.
O acto de inauguración da mostra, que forma parte do programa de actividades do San Xoán, está previsto para o xoves 18 de xuño ás 21.00 horas.
Trátase dunha mostra que contará coa ollada de artistas ben coñecidos do panorama artístico que unen a súa creatividade arredor do mesmo leitmotiv.
A mostra mergúllase na riqueza da mitoloxía galega, dando vida aos seus seres, lendas e simboloxías. A través dunha mestura de obras plásticas, instalacións e performance, a exposición crea un espazo sensorial onde o pasado e o presente dialogan. Un convite a escoitar as voces antigas que aínda latexan na nosa memoria colectiva.
A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 17.00 a 20.30 horas até o 18 de agosto.