As III xornadas empresariais de Bergantiños analizarán como adaptarse para ser competitivos

"Adaptarse para competir con éxito, cuando todo cambio"  é o lema da III xornadas empresariais de Bergantiños que terán lugar os días 10, 22 e 29 de maio no Fórum Carballo. O evento está organizado por Eurogabinete en colaboración co concello de Carballo, o ICEX e a asociación Castaño y Nogal. As xornadas - que se celebran os tres días en horario de tarde - están dirixidas principalmente a empresarios/as, directivos/as de Pymes, empresas familiares, titulares de negocios, de explotacións agrarias, emprendedores, traballadores autónomos, directivos de oficinas bancarias e profesores de formación profesionais. Entre os relatores das xornadas estará o "Consejero Económico Comercial  Jefe de la Oficina Económico Comercial da embaixada de España en Chile", Rafael Coloma Ojeda, que se deprazará a Carballo o 29 de maio. O mesmo día tamén estará o director territorial do Instituto de Comercio Exteriro en Galicia, Sergio Prieto López. Os dous relatores falarán sobre a internacionalización da empresa.   Ademais destes, as xornadas reunirán en Carballo a relatores expertos na materia. Máis información Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)