A asemblea do BNG carballés decidirá este martes se Evencio Ferrero volve ser o candidato en 2027

Evencio Ferrero

Este martes 29 de setembro hai asemblea do BNG carballés, no que se vai a avaliar un “punto importante de política municipal”. Segundo avanza a Cadena Ser, a asemblea podería decidir a non continuidade de Evencio Ferrero como candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de 2027.

O que é alcalde de Carballo de 2003, podería estar ante os seus últimos eventos como rexedor. A asemblea podería decidir se Evencio, aos seus 70 anos, volve ser candidato. En caso negativo podería valorarse a escolleita dunha persoa candidata de cara ás municipais que mesmo podería coller o relevo actual na alcaldía en próximas datas.