Asun Álvarez imparte un taller de maquillaxe de Entroido no Espazo Xove carballés

Dado o éxito do ano pasado, Asun Álvarez volve este xoves 16 de febreiro a Carballo para impartir un novo obradoiro de maquillaxe de entroido. A naronesa estará de 16:30h a 20:30h no Espazo Xove carballés, para ensinarnos a maquillarnos e lucir as nosas mellores galas nestas festas tan populares.

O material o pon o Espazo así que se tes entre 12 e 30 anos podes apuntarte en 881 880 421 ou espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal.

Máis novas do Entroido