Aspaber e o CRA Ponte da Pedra estrean as APPs educativas e inclusivas feitas polo alumnado da USC

Prepara xa a Gala de Nadal a familia de Aspaber, pero antes, este xoves, tivo lugar a presentación e entrega de máis de 15 recursos didácticos adaptados, elaborados polo alumnado dos graos de Pedagoxía e Maxisterio en Educación Infantil e Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.

Este acto enmárcase dentro do programa de colaboración que Aspaber e a USC manteñen dende fai xa varios anos a través das ApS (Aprendizaxe e Servizo), una experiencia educativa que combina innovación, inclusión e aprendizaxe experimental.

Ó acto, celebrado nas instalación da Asociación na Brea, quixo destacar esta experiencia como unha ferramenta que aborda as necesidades reais das persoas ó mesmo tempo que favorece unha mellor formación académica a través de diseños universais adaptados.

O material presentado estivo orientado a todos os usuarios e usuarias de ASPABER e ó alumnado do CRA Ponte da Pedra, con especial atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Estes recursos centráronse en aspectos como as emocións, as rutinas diarias das persoas ou como abordar consultas médicas específicas, entre otras temáticas.

Gala de Nadal

ASPABER celebrará este sábado 13 de decembro unha nova edición da súa tradicional Gala de
Nadal, un dos eventos máis emotivos e participativos do ano, no que usuarios, familias,
profesionais e representantes institucionais compartirán unha xornada festiva e de
convivencia. A entrada ao acto principal é totalmente gratuíta e aberta a quen queira asistir (É
preciso estar anotado unicamente para o xantar posterior).

A programación deste ano inclúe:

12:00 h — Obra de Teatro de Nadal
Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan)
As persoas usuarias de ASPABER representarán unha obra de creación colectiva, resultado do
seu traballo ao longo dos últimos meses nos diferentes talleres da entidade.

14:30 h — Xantar de Nadal
Pavillón do Colexio San Luís Romero (Carballo)
Un encontro dirixido ás persoas previamente inscritas, no que se compartirá un momento
especial de celebración e comunidade.

19:00 h — Fin da Festa
(Información ampliada confirmarase proximamente)

Ao acto asistirán tamén alcaldes e representantes das corporacións municipais dos distintos
concellos cos que ASPABER colabora, reforzando o apoio institucional ao traballo da entidade
en favor das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

A Gala de Nadal supón cada ano unha oportunidade para poñer en valor o esforzo, talento e
dedicación de todas as persoas que forman parte de ASPABER, así como para celebrar
colectivamente o peche dun novo ano de aprendizaxes, proxectos e ilusión compartida.