A Aula CeMIT de Carballo acolle as probas do certificado de competencias dixitais

Imaxe dunha actividade na Aula CeMIT de Carballo

Aula CeMIT do Concello de Carballo, situada no Pazo da Cultura, será unha das sedes das probas de avaliación, de carácter libre, para a obtención do certificado de competencias dixitais de nivel intermedio (DOG núm. 197, do 13 de outubro de 2025).

As probas celebraranse nas seguintes datas e horas:

  • Mércores, 26 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles) 
  • Venres, 28 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles)

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT antes da finalización do prazo establecido.

Con carácter previo é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. 

O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.