A Axober recupera a súa Cea Anual

A Asociación de Xovenes Empresarios de Bergantiños recupera unha desas accións offline que serve para tecer redes e fortalecer vínculos. O vindeiro 31 de outubro ás 21:00 h, no Pazo de Villar de Francos, Axober celebrará a súa Cea Anual 2025, un dos encontros máis especiais para a asociación e para o tecido empresarial da comarca de Bergantiños.

Despois de varios anos sen realizala, a cea contará con espazos para a convivencia, música e un ambiente festivo no que compartir experiencias e facer músculo empresarial.

O prezo é de 60€, e son prazas limitadas, polo que é preciso confirmar asistencia antes do 24 de outubro a través desta ligazón.