Baldaio preparase para recibir aos voluntarios ambientais de Mar de Fábula

Os voluntarios recollerán unha boa parte dos refugallos plásticos do areal de Baldaio Dentro dun convenio de colaboración entre a asociación ambiental Mar de Fábula, Decathlon e a fundación Biodiversidad, este domingo terá lugar na praia de Baldaio unha xornada de voluntariado ambiental que consistirá na limpeza do areal e que comeza ás 10:30 horas. A xornada está aberta a todos os interesados e tamén participarán empregados e empregadas das tendas de Decathlon situadas en Ferrol e na Coruña que - dirixidos polos monitores de Mar de Fábula - identificarán, recollerán e separarán os refugallos plásticos despositados ao longo da liña de marea. Ao mesmo tempo impartiranse as debidas explicacións para o coñecemento, respecto e posta en valor da paisaxe, da flora e da fauna deste importante espazo natural. O concello de Carballo é o encargado de dar o apoio loxísitico a esta actividade. A limpeza levarase a cabo durante a mañá e, ao remate, celebrarase un picnic de confraternidade entre todos os participantes. O lugar de encontro será o apardoiro da praia de Baldaio ás 10:30 horas do domingo. Para participar é imprescindible anotarse en decathlonmedioambiente.es facilitando nome, apelidos, e enderezo electrónico. Decathlon pon a disposición dos participantes un bus que sairá ás 09:30 horas da tenda de Ferrol e ás 10 horas da de A Coruña. Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mar de Fábula