O barrio da Milagrosa ponse de festa

A Comisión de Festas da Milagrosa presentou o pasado venres a súa Revista das Festas da MIlagrosa 2022. A Escola de Arrabales acollía o acto de presentación, sorprendendo a nova imaxe da virxe.

As Festas veñen completas. Dende este xoves 1 de setembro e ata o domingo, non paran as actividades no movido barrio carballés.

O xoves, Cine na pista situada detrás da capela (ás 22:00).

O venres xa amencerá coas bombas de palenque, e será Paco da Barreira o que lea o pregón ás 21:00h. Ás 22:00h terá lugar un dos actos máios singulares, a procesión das Antorchas, para dar paso á verbena coa Cinema e Disco Móbil.

O sábado será completo, para celebrar o San Ramón. Xa dende primeira hora haberá lío, con sesión vermú e sardiñada ao mediodía, baixada de carros de bolas pola tarde (con saída na Avda. Cemiterio Vello ás 17:00h e chegada á Praza da Milagrosa), e boa verbena con Master.

E o domingo, máis festa, con pasarrúas, e sesión vermú atas 18:30h, que case enlaza coa verbena.