En bici ao Mercado, non só na Semana da Mobilidade

Unha nai en bici ao mercado de Carballo

Continúa a Semana Europea da Mobilidade en Carballo. Ata este domingo 22 hai actividades, como a que houbo este xoves na feira. Pasou moita xente polo posto informativo de Mobilidade Carballo a recoller o disco da zona azul e viñeron varias persoas a comprar ao mercado en bicicleta, que foron agasalladas cunha mochila de eu quero a Carballo. Unha actividade que volverá repetirse o domingo de 10 a 13 horas repetirase, fomentando que a xente lle perda medo a bici e que se acostume a ir facer a compra neste vehículo.

Este venres haberá seis rutas polos murais con alumnado dos IES Alfredo Brañas e Parga Pondal. De 9.30 a 11, tres simultáneas con máis de 100 alumnos do Alfredo Brañas e de 11.30 a 13, outras tres cunha cantidade semellante do Parga Pondal. Tamén participará o Artai, pero a ruta farase o xoves da semana que vén.

Ademais, o domingo 22 tamén haberá unha ruta, aberta a toda a poboación, guiada polo historiador Xan Fraga, que levará polo Carballo de hai 90 anos. Atención, porque cambia o horario de inicio! O punto de encontro será a Ludoteca Municipal ás 12.30.


Últimas actividades

Carballo é unha das máis de 2.000 cidades de todo o mundo que participan este ano na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Unión Europea para promover medios de transporte sostibles. O concello súmase á iniciativa por cuarto ano consecutivo, cun programa que segue medrando en actividades e participación. Este ano contamos coa colaboración dos clubs ciclistas Media Ducia, Monteneme e CCCarballo, Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, Lumieira, Un paso máis, Senda Nova, Protección Civil, Policía Local, Turismo Carballo, entidades sociais, colexios e institutos.

 

Novas relacionadas