As cachelas e o Descenso do Allóns, os grande tesouros do San Xoán carballés

Os Piratadas do Descenso do Anllons do San Xoan Carballo 2019

En Carballo, ademais da verbena e un completo programa de actividades, aínda se mantén a tradición das cachelas por barrios. Un feito que permite que os veciños sexamos partícipes, non meros espectadores como acontece noutras grandes vilas, nas que a gran falla se queima diante nosa sen que puidamos se quera saltala.

E boa parte de manter viva esa tradición ten que ver co Concurso de Cachelas, que cada ano enche Carballo de imaxinación.

Así o demostran os 4 primeiros premios deste ano:

  • "Tranquilo Quasimodo", situada na R/ Río Anllóns 43, foi a cachela gañadora.
  • O "Carrusel" da rúa Carré Aldao, segundo premio do Concurso de #Cachelas.
  • ”Air Chopos", na mesma rúa Chopos, terceiro premio do Concurso de #Cachelas.
  • "Es por tu bien", que colocaron como radar móbil na en Vivente 25 (Ardaña), cuarto premio do Concurso de #Cachelas!

Descenso do Allóns

O XXII Descenso do Anllóns de SAn Xoán foi, de novo, un éxito de participación e de público. Houbo numerosos premios, comezando poo 1º Premio á Embarcación máis Orixinal, que recaeu na de Os Piratas do Anllóns, por diante do Titanic e do Tanque. Ademais, a Embarcación máis veloz para o Ecologic. O Premio as probas de habilidade foi para Carballo a 30. O 1º para a embarcación máis simática foi para 3D3 Paddle, e o 2º para as Sardiñas do Anllóns

 

Incendio de colectores

Poucos incidentes se viviron na noite de San Xoán, se ben os Bombeiros tiveron que intervir na madrugada en 4 puntos distintos do casco urbán de Carballo onde se viron afectados un total de 5 colectores de recollida selectiva (vidro, papel e envases). Descoñecese a orixe destes incendios, que non chegaron a afectar a outros bens nin causaron danos persoais. Os colectores incendiados estaban nas rúas Alfredo Brañas (en dous puntos distintos), Avenida de Bergantiños e Xeranios.