O carballés Óscar Caamaño retrata nun libro o R&R das salas do país

A música e a fotografía son as dúas paixóns de Óscar Caamaño @oscarclinica. Este carballés vén de fundilas nun proxecto moi especial que trata de poñer en valor o tesouro que temos en Galicia coas pequenas salas de concertos.

Caamaño leva máis de 10 anos retratando a escea musical do país, e para exhibila, formulou unha campaña de crowfunding, que xa acadou o éxito. Xa ten nas súas mans o “Desde de mi punto de vista”, publicado a través de Libros.com, onde podes facerte co teu.

Tito y Chio na Mardigras da Coruña-Foto: Óscar Caamaño

O autor conta en solofolar como comezou cando un amigo seu veu a Carballo a tocar coa banda Doc Magoos, e lle pediu que lle fixera unhas fotos pois era o seu último concerto. Tomouno como un desafío e dende añí comezo a aprender.
Amante do rock, fíxase sobre todo na actitude doas bandas, clave para chegar.
Destaca entre as súas creacións bandas como The Darts, Trading Aces, Boston Babies, Hermana Furia, Perpetual, Moon Cresta, ou mesmo á carnotá Adhara & Ritman…

Aitor Ochoa & Mad Mule nun Xiria Pop. Foto-Óscar Caamaño

Entre os festivais, como non, destaca o Xiria Pop do seu amigo Xavier Graña, autor do prólogo do libro: "É dos imprescindibles", remata Graña na entrada sobre Caamaño. A nivel salas desaca espazos como a Sala Filomatc ou a Mardigras. E na Costa colabora co Xiriapop, o Casino e o Pazo da Cultura.
Ten claro que non quere facer desta afección unha profesión e seguirá regalando as fotos que fai.

Así presentaba a campaña o fotógrafo carballés.