Carballo convoca a primeira edición dos seus Premios do Deporte

Foto do Consello Deportivo Municipal de Carballo reunido o 28 de outubro 2025

O vindeiro 19 de decembro, o Concello de Carballo fará entrega, nunha gala dos I Premios do Deporte Concello de Carballo. Así o anunciou hoxe sinalando que serán 9 os premios escollidos;

  • Mellor deportista carballesa, á actuación deportiva máis distinguida en calquera ámbito (autonómico, nacional, internacional).
  • Mellor deportista carballés, á actuación deportiva máis distinguida en calquera ámbito (autonómico, nacional, internacional).
  • Mellor deportista promesa carballesa, á deportista de categorías base que máis se distinguira pola súa progresión e actuación deportiva en calquera ámbito.
  • Mellor deportista promesa carballés, ao deportista de categorías base que máis se distinguira pola súa progresión e actuación deportiva en calquera ámbito.
  • Premio “Pedras Brancas” ao equipo ou entidade que máis se distinguira pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito.
  • Premio “Carballo Deporte” á entidade con maior distinción na especial contribución a tarefas de fomento do deporte e/ou organización de actividades deportivas.
  • Premio “Arsenio Iglesias” ao mellor adestradora/adestrador carballesa/carballés. Actuación deportiva máis distinguida en calquera ámbito (autonómico, nacional, internacional).
  • Premio “Luís Calvo Sanz”, á institución, entidade, etc. coa actuación máis distintiva na colaboración co deporte carballés.
  • Premio “Vida dedicada ao deporte”, ao deportista, técnica/o, directiva/o xa retirado da súa actividade deportiva principal cunha traxectoria transcendente no eido deportivo local.

 

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto desde o 3 ata o 21 de novembro. Toda a información en carballo.gal.