Carballo convoca por primeira vez bolsas para deportistas individuais menores de 18 anos

20 bolsas de 300€ pon á disposición dos deportistas menores de 18 anos o Concello de Carballo. Así o anuncia xa o Boletín Oficial da Provincia (BOP). Por primeira vez o Concello suma ás liñas de axudas deportivas esta destinada a axudar a deportistas individuais, en especial nas etapas de formación e, sobre todo, cando non existan entidades que ofrecen soporte ás súas necesidades específicas.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Carballo, na páxina web www.carballo.gal.