Carballo estreará a primeira pista de skate da Costa da Morte antes de que remate o ano
16 de agosto de 2018 (03:40 h.)
Xa se albisca a primeira pista de skate da bisbarra. As obras que se están a desenvolver ao carón da Biblioteca Rego da Balsa avanzan a bo ritmo, e dendeo Concello de Carballo aseguran que a praza estará lista antes que remate o ano.
A skate praza servirá para dotar a zona dun espazo comunitario, que consiga converterse nun “elemento xerador de urbanidade de cara ao futuro desenvolvemento de todo ese ámbito”, mantendo ademais a liña arquitectónica da Biblioteca.