Carballo inicia a contratación de obras do Plan Único POS+ 2018 por un importe máximo de 800.000 euros

A rúa Vila de Noia e un treito da Gran Vía estarán hoxe afectadas polas obras de mellora da rede viaria Coincidindo coa publicación na Plataforma de Contratos do Estado dos anuncios de licitación de seis obras incluídas no Plan Único POS + 2018, a Xunta de Goberno Local de Carballo vén de adxudicar o proxecto de reurbanización de dúas rúas na zona de Pedra Furada á empresa Lancer Obras y Proyectos S.A. por importe de 145.737,23 euros. As obras, que teñen un prazo de execución de cinco semanas, permitirán acondicionar as rúas situadas entre Alcalde Peinador e Alcalde Bolón, por unha banda, e entre Alcalde Bolón e Alcalde Monteagudo, por outra. Son vías nas que practicamente non existe ningún servizo e mesmo están sen pavimentar. A este investimento hai que engadir os 796.160,18 euros que suman os seis proxectos do POS+ 2018 que están xa en fase de contratación. Os anuncios publicaronse onte na Plataforma de Contratos do Estado, e as empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 22 de agosto para presentar as súas ofertas. As obras son as seguintes: a conservación e rehabilitación do Museo de Bergantiños e Biblioteca Municipal (190.000 euros), o soterramento de liñas aéreas na contorna do Igrexario de Rus (36.811 euros), a mellora da capa de rodadura na vía municipal do Igrexario de Lema ata A Vixía (199.948 euros), a mellora da capa de rodadura na vía municipal desde o lugar da Ponte (Bértoa) ata O Moucho (Berdillo) (178.789,05 euros), a mellora da capa de rodadura na vía municipal desde Bolón á Gándara (Sofán) por 85.852,35 euros e a mellora da capa de rodadura na vía municipal desde o lugar de Mirón (Bértoa) ata a estrada DP-1902 Carballo-Razo por 104.760,13 euros. Obras na rede viaria Por outra banda, a empresa construcciones López Cao acomete estes días as obras de reparación da avenida de Bergantiños, que se desenvolven en dous treitos coa intención de causar as mínimas molestias posibles ao tráfico. Os traballos, incluídos no proxecto de mellora de 27 vías urbanas e 2 rotondas que está a acometer o concello de Carballo cun orzamento de 77.984,50 euros, continuarán mañá martes na rúa Vila de Noia, que permanecerá pechada á circulación na súa totalidade, e ao treito da Gran Vía comprendido entre Cervantes e Rosalía de Castro. Segundo informou a Policía Local, o corte realizarase a partir 08:00 horas. Os desvíos estarán convenientemente sinalizados e haberá presenza policial na zona, ademais de atención telefónica constante ante calquera incidencia nos teléfonos 981 701 722 e 092. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/o-plan-unico-deixa-36-millons-na-costa-da-morte-no-bieno-2017-2018/ Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo