As obras foron adxudicadas a empresa carballesa construcciones Ramón Váquez y Reino
O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - e o xerente de construcciones Ramón Vázquez y Reino - Diego Vázquez - asinaron onte os contratos correspondentes a tres obras que foron adxudicadas á empresa carballesa noutros tantos procedementos abertos de contratación e que supoñen un investimento total superior aos 420.000 euros.
Un dos proxectos consiste na execución do saneamento do lugar do Cotote, na parroquia de Sofán, incluído no Plan Provincial de Medio Ambiente. As obras inclúen a instalación de 495 metros de rede de saneamento e 115 de rede de impulsión ata o pozo de bombeo, que tamén forma parte do proxecto. O prazo de execución, incluída a reposición dos bens afectados, é de tres meses, e o custo ascende a 50.844,20 euros.
Os outros dos contratos asinados onte supoñen un novo paso na reforma integral da rede viaria da zona rural, xa que inclúen a mellora de todas as pistas asfaltadas das parroquias de Rus, cun investimento de 172.001,50 euros, e Sofán, por 199.226,50 euros. O Concello de Carballo leva investido ata o momento 1,7 millóns de euros.
En breve adxudicaranse as obras en Entrecruces e Aldemunde e só quedarán pendentes as de Ardaña e Berdillo, que serán financiadas con cargo ao remanente de tesourería do ano pasado. En todos os casos a actuación consiste na limpeza de cunetas de toda a rede viaria e na pavimentación con dobre rego nos treitos nos que se teñen detectado deficiencias.
Novas relacionadas