Carballo queda a 0,25 puntos da consecución de fondos europeos na segunda convocatoria das EDUSI

O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - e a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana - Milagros Lantes - viaxaron onte a Madrid para coñecer a valoración do proxecto presentado polo concello carballés para a consecución de fondos europeos na segunda convocatoria das Estratexia de Desenvolvemento Urbano, Sostible e Integrado - EDUSI -. Segundo os informou a subdirectora xeral de Cooperación Territorial Europea e Desenvolvemento Urbano - Dolores Ortiz -, o concello de Carballo quedou a só 0,25 puntos da consecución de fondos europeos. Aínda que Evencio Ferrero e Milagros Lantes ofrecerán hoxe, ás 12 horas, unha explicación detallada da xuntanza e da puntuación acadada, as valoracións poñen de manifesto unha importante melloría da estratexia carballesa, que obtivo nesta segunda convocatoria un total de 64,5 puntos, fronte aos 58,5 da primeira. Ademais, non suspendeu en ningún dos apartados valorados, e mesmo acadou a cualificación de excelente, a máis alta, en dous deles. A pesar da crítica que recibiron a semana pasada por parte do PP de Carballo onde criticaban a “incapacidade e a torpeza” do goberno local despois de “perder” cinco millóns de euros procedentes dos fondos europeos. Tal como manifestaba o propio alcalde cando se presentou a solicitude para a primeira convocatoria EDUSI, “á marxe de que o proxecto do concello de Carballo sexa merecedor ou non do financiamento europeo, o goberno do BNG ten claro, en primeiro lugar, que é precisa unha reflexión conxunta da sociedade carballesa sobre a estratexia de desenvolvemento do noso concello, e, en segundo lugar, que a cidadanía ten que participar activamente na planificación, o deseño e a construción do Carballo do futuro”. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo