Carballo reabre Escola de Natación
30 de agosto de 2021 (13:47 h.)
540 prazas ten abertas a Escola de Natación 2021-22. A partir de agora ábrese un prazo ata o 10 de setembropara solicitar o cambio de grupo asignado ou comunicar a renuncia á praza.
As comunicación de renuncia e solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse por tres vías: rexistro telemático do Concello de Carballo, correo electrónico á dirección carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N.