Carballo reflexiona coas familias sobre o ocio nocturno da mocidade
Organiza o Concello de Carballo Carballo un programa de charlas, en colaboración coa Policía Local, co obxectivo de ofrecer información clara e útil á mocidade sobre o lecer nocturno (tanto en locais de hostalaría, na vía pública ou en espazos privados), facendo fincapé na prevención de riscos, nas condutas incívicas e nas posibles infraccións.
As sesións teñen un formato dinámico e participativo para favorecer a comprensión e a empatía cara ao labor policial. Serán impartidas por Martín Camba Conde, axente da Policía Local de Santiago de Compostela con ampla experiencia en servizo nocturno, que achegará casos reais para facilitar a concienciación.
Pasará polos IES Parga Pondal (o 24 de febreiro), o IES Monte Neme (26 de febreiro) e IES Alfredo Brañas (26 de febreiro); pero tamén ofrecerá unha charla aberta ás familias o venres 26 de febreiro ás 18:00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.