Carballo recolleu case 4.000 litros de aceite no primeiro trimestre do ano

Un dos novos colectores de aceite de cociña usado en Carballo

Segue aumentando o uso do servizo de recollida de aceite de cociña usado en Carballo. Este primeiro trimestre de ano, foron 3.828 quilos de aceite, máis dun 10% con respecto ao ano anterior.

Unha acción que evita, sendo os cálculos, a contaminación de 4.210.800 litros de auga.

Nestes momentos hai 28 puntos de recollida en Carballo, tras a colocación de seis colectores a finais de febreiro, catro na zona urbana (cruces Gran Vía-Vila de Corme, Ánxel Fole-Rúa Baixa e Avenida da Milagrosa-Avenida de Fisterra e rúa Luis Calvo á altura da estación de autobuses), un na Feira de Berdillo e outro xunto ao Centro Social de Imende.