Carballo rende homenaxe a Llou cun concerto de Lowcos
13 de novembro de 2024 (09:29 h.)
Xa o noso picadiscos de referencia Maikel Castro fixéralle unha homenaxe no #SoandoconForza. Pero Carballo enteiro quere lembrar unha das figuras mási salientables do mundo da música carballesa.
Este sábado 16 de novembro, o Patacón acolle o concerto homenaxe por Llou. Será a eterna banda local Lowcos os que poñan a música.