As matronas de Carballo reparten 3.000 preservativas no marco da campaña de educación sexual

Unha das matronas do Centro de Saúde carballés cun preservativo da campaña
Carballo fala do que ningún outro concello fala, e de cousas tan necesarias como a educación sexual, algo que non se trata nos centros de ensino. Despois de ratificar as imporantes carencias que hai a nivel formativo, de feito, tense detectado un preocupante incremento das enfermidades de transmisión sexual entre a mocidade, e hai informes como o Save the children, que sinala que o 46,1% de adolescentes non usa sempre métodos de protección, e o 13,7% non o fai nunca ou case nunca, o Concello prepara varias campañas divulgativas en colaboración cos centros educativos pero tamén doutros colectivos.

Por exemplo, en coordinación co equipo de matronas do centro de saúde, xa leva repartidos no último ano case 3.000 preservativos ás súas usuarias, cun kit que inclúe ademais folleto e toalliña hixiénica.

No último ano, a campaña de educación sexual saíu á rúa en diversas ocasións. Coincidindo coa celebración do Día do Amor ou das festas de San Xoán, o Concello de Carballo instalou nas zonas de maior afluencia da mocidade un posto informativo atendido por profesionais con formación específica en igualdade e violencia de xénero, que puideron resolver as dúbidas dos mozos e mozas.
Ao mesmo tempo, co lema “Necesitas motivos para usar condón?” realizouse tamén a pé de rúa un reparto de paquetiños compostos por un preservativo, unha toalliña de hixiene íntima e un pequeno folleto no que se explican as vantaxes deste método de prevención das enfermidades de transmisión sexual e dos embarazos non desexados.