Carballo reparte 4.000 máscaras con mensaxes de igualdade nos centros de ensino

Tripel obxectivo o que ten o Concello de Carballo co reparto de máis de 4.000 máscaras (reutilizables, homologadas e fabricadas en Carballo) polos centros de ensino. Ademais da función sanitaria evidente, pretenden axudar aos petos das familias, pois o custe das máscaras afecta ás nosas economías; e tamén ten un obxctivo de concienciación sobre a igualdade, pois levan os lemas “Construíndo igualdade”, para infantil, primaria e ESO, e “Contra as violencias”, en 4º da ESO e Bacharelato.

Colaboraron os centros A Cristina, Fogar, Bergantiños, Xesús San Luís Romero, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, CRA Ponte da Pedra, Artai, Alfredo Brañas, Monte Neme, Isidro Parga Pondal e tamén no Canosa-Rus, onde máis do 80% do alumnado é carballés.