Carballo reparte alegría

Xornada de reparto a de onte no Mercado
  • O Concello dalle unha nova vida ás plantas de temporada retiradas Xardíns Municipais

Por segundo ano consecutivo, cando o Concello de Carballlo renova os xardíns municipais, aproveita as plantas retiradas para facer un agasallo á veciñanza.
Esta pasada mañá de xoves, o Concello repartiu no mercado municipal 220 macetas con begonias e alegrías, plantas que non sobrevivirían ao inverno nas zonas verdes, pero en zonas abrigadas, ou mesmo no interior das vivendas sempre que reciban a luz que precisan, poden soportar a estación e volver florecer a próxima primavera.