Carballo segue aumentando as axudas para asociacións empresariais

Xa poden as Asociacións de Empresarios de Carballo solicitar as axudas municipais para realizar programas de formación ou actividades de difusión, promoción e apoio do tecido empresarial local,. Unhas axudas convocadas pola Concellaría de Promoción Económica que seguen aumentando, sendo un 159% máis grandes que en 2015, chegando este ano aos 70.000€.

As entidades teñen 20 días naturais dende o pasado día 13, e teñen toda a información en carballo.gal.