Carballo sobe á palestra da campaña "Liberdade de ser e sentir!" cunha charla sobre a discriminación sexual no ámbito laboral
26 de xuño de 2025 (01:15 h.)
Un ano máis, o Concello de Carballo participa na campaña “Liberdade de ser e sentir“, impulsada dende a Deputación da Coruña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Nesta ocasión, levarase a cabo unha das palestras programadas pola institución provincial arredor de contidos como as medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTB no ámbito laboral, das que falará o avogado Miguel Vieito, experto en asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo LGBTIQA+, o xoves 26 nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.
O acto comezará ás 18.00 horas e está aberto a toda a veciñanza.