O Casino 1889 prepara un novembro de documental, en galego

Galidoc no Casino 1889 de Carballo
Galidoc no Casino 1889 de Carballo

Este mes de novembro vén cargado de novas actividades para #EspazoCasino, destacando un ciclo de documentais galegos tremendamente singulares, o Galidoc. Pero antes hai outras actividades:

  • Este xoves, 31 de outubro, ás 21:00h temos unha masterclass gratuita de pandeireta impartida por Miro Regueira. Depois o curso semanal, comezaría o 7 de novembro. Máis info no número 627 907 166. #EspazoCasino
  • Venres, 8 de novembro, ás 20:00h presentaráse o libro A+A de Ricardo de Barreiro cunha performance. #EspazoCasino
  • sábado, 9 de novembro, ás 21:00, teremos o agardado concerto da banda TNT. Entrada de balde ata completar aforo. #EspazoCasino

Ciclo de docus galegos

A maiores, dende o #Casino1889 organizan a primeira edición do ciclo de documentais galegos GALIDOC. Neste ciclo proxectaranse 4 documentais contando coa presenza dos seus directores que nos cos que poderemos charlar despois das respectivas proxeccións. A programación é a seguinte:

  • Sábado, 2 de novembro, ás 19:00h: 12 Leiras de Xabier Maceiras e Xosé Bocixa
  • Sábado, 16 de novembro, ás 19:00h: 7 Limbos de Alexandre Cancelo e Berio Molina
  • Sábado, 23 de novembro, ás 19:00h: Estruturas: pel contra pel de Paco Gallego e Xosé Bocixa
  • Sábado, 7 de decembro, ás 19:00h: Pucho Boedo: un crooner na din do mundo de Xurxo Souto