O Casino1889 acolle dúas proxeccións teatrais

Continúa moi vivo o Casino 1889 de Carballo organizando pequenos eventos que dinamizan a vida cultural bergantiñá. As primeiras fins de semana de maio será adicadas ao teatro, pero en formato audiovisual.

O sábado 1 de maio, ás 19:00 h, Fran Naveira e Xabier Maceiras presentan “Rodríguez, o loro de Picadillo”, unha obra de teatro do Colectivo Melandrainas que recrea, con moito humor e moita retranca, algúns dos aspectos menos coñecidos de Manuel Puga, o popular Picadillo. A parte da obra, que é unha adapatación de varios capítulos do libro “Antoloxía das Confidencias de Picadillo” (Xabier Maceiras, 2018), o público do Casino tamén terá a oportunidade de ver a Andaina Teatral, na que o elenco de Melandrainas levou polas rúas da vila de Arteixo, tal e como facía no pasado a xente do mundo do espectáculo, o decorado da obra ata o lugar da representación. #casino1889 de Carballo.

O sábado 8 volve Xavier Maceira coa adaptación audiovisual da obra Porlier en Pastoriza, un espectáculo de tratro e música baseado no alzamento liberal liderado polo mariscal Porlier contra Fernando VII en 1815, que o Colectivo Meladrainas representou en 2018 e 2019 no escenario natural no que se iniciou o levantamento, en Pastoriza. Con guión de Henrique Rabuñal e Miguel Sande, música de Víctor Iglesias e Dequenvessendo, dirección de Marga Fdez. e Queta Soto, e organización da Asociación O Grilo, a obra ten máis de 70 persoas 2 cabalos.

As sesión completaranse cunha charla.