O Concello de Carballo abre o proceso participativo para decidir os usos do futuro auditorio do edificio das entidades sociais
Dando continuidade ao proceso de participación iniciado en setembro, o Concello de Carballo convoca ás entidades, empresas, artistas, profesionais do ámbito da cultura e persoas interesadas na construción dun novo equipamento cultural a participar nas sesións de traballo que terán lugar no Fórum Carballo para a priorización de usos deste futuro edificio.
- Luns 10 de novembro, ás 19.00 horas, sesión dirixida principalmente a entidades (asociacións, empresas…).
- Martes 11 de novembro, ás 19.00 horas, sesión dirixida a persoas a título particular (artistas, investigadoras, activistas, cidadanía en xeral)
Despois de ter realizado un cuestionario en liña sobre as necesidades e valoración dos equipamentos e a cultura en Carballo, nestas xuntanzas entrarase máis en detalle sobre os usos dos espazos existentes e sobre o novo equipamento municipal.
Se pertences a unha entidade ou empresa do ámbito cultural, se a túa actividade profesional está relacionada coa cultura ou tes interese nesta temática, enche o formulario que atoparás en carballo.gal: https://