De aparcadoiros e praias en Carballo
Dúas novas de interese presentáronse esta fin de semana en Carballo. Unha relacionada ás sempre polémicas prazas de aparcamento da capital bergantiñán, e outra relativas ás praias.
116 novas prazas de aparcamentos
Moito se esixen as prazas de aparcamento en Carballo, por iso parece que as 116 novas prazas abertas nos dous dos aparcadoiros situados no Rego da Balsa son importantes. Xa están asfaltadas e tan só resta a colocación da sinalización horizontal e vertical.
En breve a empresa adxudicataria Lancer Proyectos y Obras SA continuará coas melloras realizando o acondicionamento de outras dúas áreas de aparcamento na contorna das rúa Pontevedra e Roberto Vidal Bolaño que supoñen outras 120 novas prazas asfaltadas. Seguirase coa área de aparcamento situada na contorna da rúa Lugo, na coñecida como Horta do Casino; e rematarase no aparcadoiro do Pazo da Cultura, na rúa Gardenias. Serán, en total, 406 novas prazas de aparcadoiros asfaltados no centro da capital municipal e en zonas de elevado tráfico de vehículos.
Máis socorristas nas praias
Anunciaron os membros do grupo de Foberno e máis o responsable de Protección Civil de Carballo, Javier Souto Facal, que para este verán 2016 aumetará o número de socorristas e a duración do servizo nos areais carballeses.
Haberá un total de 35 prazas, polas 32 deste curso, que traballarán os 3 meses de verán integramente, para intensificar a vixilancia. Ademais, tamén se mellorarán as instalacións, coa renovación do posto sanitario móbil situado na Cabreira, de máis de 15 anos de antigüidade; e a dotación doutro para poder ofrecer o servizo na praia da Arnela.
Datos de actividade
Entre os meses de xuño e setembro, téñense rexistrado un total de 192 atencións de botiquín en Razo e 117 en As Saíñas-Pedra do Sal, cun total de 309. Respecto dos salvamentos, rexistráronse catro en todo o verán, os catro no mes de agosto na praia de Razo. Souto Facal lembrou dúas das incidencias que máis repercusión tiveron no verán, en concreto no mes de agosto, como foron o rescate de dous náufragos de Malpica en Pedra do Boi ou o falecemento dunha persoa en Razo debido a unha parada cardio respiratoria.
Fonte
- Concello de Carballo.