Debullando o programa do FIOT en pausa: Un oasis cultural en medio da pandemia

Programa FIOT 2020-0

Son poucos os Concellos que aposten pola programación teatral continua. Poñemos sempre os exemplos de Vimianzo ou Muros, ou citas concretas como a Semana de Artes Escénicas de Cee. Pero é que o programa do FIOT é doutra liga. Aínda poñendo en pausa, o programa do Festival Internacional de Outono de Teatro neste 2020, pode considerarse como o mellor este programa cultural da Costa da Morte.

Por iso queremos deixar constancia de cada unha das 14 accións que se desenvolverán etre o 9 e o 18 de outubro no marco dunha #CulturaSegura.
Xa saben que habera que levar máscara, que haberá que lavar as ans con xel, que a ocupación dos espazos será do 50% sempre con separación entre persoas, que non se pode levantar, e que a apertura de portas será 30 minutos antes e o acceso e a saída terán o seu protocolo.

Proximamente anunciarán o comezo de reserva de entradas en www.fiot.gal.

Novas relacionadas