Detida unha familia de Carballo por roubar na igrexa

Igrexa de Arteixo
Detida unha familia de Carballo por roubar na igrexa

A Garda Civil de Arteixo procedía á detención esta pasada fin de semana de 3 persoas como presuntos autores de tres delitos de roubo, un deles en grao de tentativa, acontecidos os pasados días 24 de xuño e 2 de xullo de 2019.

O máis grave é que se trata dun matrimonio de Carballo, e o fillo, menor, da esposa.

O primeiro roubo foi na Igrexa parroquial de Santiago Apostol de Arteixo, onde accedendo á forza, roubaron 300 euros en metálico e provocaron danos en imaxes relixiosas por valor de 500€.

Ademais, atribúeselle unha tentativa nun vehículo estacionado nas proximidades do tempo, despois de romper a ventanilla e sustraer un bolso.

Os detidos foron postos á disposición xudicial.