Detido en Carballo por atracar unha farmacia esgrimindo un coitelo
Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a un veciño da localidade, de 58 anos, como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación ocorrido a media tarde de onte nunha farmacia da poboación que nese momento estaba sendo atendida por dous das súas empregadas.
Segundo relataron as vítimas, un home accedeu ao interior do establecemento e, á vez que ocultaba parte do seu rostro cunha bufanda, esgrimiu un coitelo de cociña para ameazar e intimidar ás mulleres. O home logrou subtraer a carteira dunha das dependentas, que contiña pouco máis de 10 euros, e saíu da farmacia.
Horas máis tarde, os gardas lograron localizar e identificar ao suposto autor dos feitos que foi posto a disposición xudicial, durante a mañá de hoxe, no Xulgado de Garda de Carballo.
Fonte
- Garda Civil.