Dez concesionarios participan na feira de coches de ocasión de Carballo

Un momento da reunion mantida entre os representantes dos establecementos que particpan en Berocasion Ésta será a primeira vez na que dez concesionarios de coches participen na feira do automóvil de Carballo - Berocasión - que se desenvolverá  entre os días 27 e 28 de agosto. Así, está previsto que se expoñan para a venta uns 300 coches de ocasión, seminovos e de quilómetro cero. En principio está previsto que a feira se ubique nas inmediaciós do parque Rego da Balsa de Carballo xa que "o asfaltado do aparcamento posibilitará que a feira sexa máis atractiva de cara aos visitantes", sinalan dende a organización. Os establecementos partipantes na próxima edición de Berocasión son automóviles Dimolk, J. Lema, Caeiro, JGCar, Ricardo Motor Carballo, Vilas Rama, Miguel, Chacar, Rebalcar e O Largo. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Berocasión