Dous veciños de Carballo forman parte da nova directiva da Cámara de Comercio da Coruña

Onte tivo lugar a sesión constitutiva do novo pleno da Cámara de Comercio de A Coruña Dous veciños de Carballo forman parte do novo comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña constituido onte e que estará presidido por Antonio Couceiro Méndez. Así, Luz Pardo Longueira - como vicepresidenta segunda - e Diego Vázquez Reino - vogal 6º -, os dous de Carballo, son parte da nova directiva. Na sesión constitutiva do novo pleno da Cámara que tivo lugar onte, estivo presidida pola directora xeral de Comercio - Sol María Vázquez Abeal - e o secretario da institución - Gonzalo Ortiz Amor -. Despois da lectura da relación de vogais do pleno e posterior constitución da mesa de idade, procedeuse á elección da presidencia e dos membros do Comité Executivo. A única candidatura rexistrada na sede da institución evitou un proceso de votación. Os órganos de goberno da Cámara de A Coruña quedaron compostos da seguinte forma:
  • Presidente: Antonio Couceiro Méndez
  • Vicepresidente 1º: Patricio Erhardt Barrenechea
  • Vicepresidenta 2º: Luz Pardo Longueira
  • Tesoureiro: Fernando Míguez Rey
  • Vogal 1º: Roberto Tojeiro Rodríguez
  • Vogal 2º: Antonio Abril Abadín
  • Vogal 3º: Gerardo Fuertes Allerdi
  • Vogal 4º: Javier Sancho Hernández
  • Vogal 5º: Joaquín Pérez Bellido
  • Vogal 6º: Diego Vázquez Reino
No seu discurso, Antonio Couceiro sinalou que os obxectivos inmediatos da nova directiva son a posta en marcha do Plan de Promoción Industrial de A Coruña, a consolidación do programa de becarios no exterior e a creación dun centro empresarial de idiomas orientado aos negocios. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)