![pleno-camara-comercio-coruna]()
Onte tivo lugar a sesión constitutiva do novo pleno da Cámara de Comercio de A Coruña
Dous veciños de Carballo forman parte do novo
comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña constituido onte e que estará presidido por Antonio Couceiro Méndez. Así,
Luz Pardo Longueira - como vicepresidenta segunda - e
Diego Vázquez Reino - vogal 6º -, os dous de Carballo, son parte da nova directiva.
Na sesión constitutiva do novo pleno da Cámara que tivo lugar onte, estivo presidida pola directora xeral de Comercio - Sol María Vázquez Abeal - e o secretario da institución - Gonzalo Ortiz Amor -. Despois da lectura da relación de vogais do pleno e posterior constitución da mesa de idade, procedeuse á elección da presidencia e dos membros do Comité Executivo. A única candidatura rexistrada na sede da institución evitou un proceso de votación. Os órganos de goberno da Cámara de A Coruña quedaron compostos da seguinte forma:
- Presidente: Antonio Couceiro Méndez
- Vicepresidente 1º: Patricio Erhardt Barrenechea
- Vicepresidenta 2º: Luz Pardo Longueira
- Tesoureiro: Fernando Míguez Rey
- Vogal 1º: Roberto Tojeiro Rodríguez
- Vogal 2º: Antonio Abril Abadín
- Vogal 3º: Gerardo Fuertes Allerdi
- Vogal 4º: Javier Sancho Hernández
- Vogal 5º: Joaquín Pérez Bellido
- Vogal 6º: Diego Vázquez Reino
No seu discurso, Antonio Couceiro sinalou que os obxectivos inmediatos da nova directiva son a posta en marcha do Plan de Promoción Industrial de A Coruña, a consolidación do programa de becarios no exterior e a creación dun centro empresarial de idiomas orientado aos negocios.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)