Dúas bandas históricas do rock en galego como Ruxe-Ruxe e Zënzar toman o Casino1889

Como late o Casino1889. Hai apenas 15 días celebrábamos alí o 5 aniversario da sección #SoandoconForza, e o vivo espazo centenario carballés xa se prepara para outra sesión de R&R.

Chegan ademais dúas das máis míticas bandas do rock en galego como son Zënzar e Ruxe-Ruxe. Dúas bandas moi veteranas con máis de 50 anos ás súas costas entre ambas, levando as guitarras e a nosa lingua por todo o país.

Estarán o sábado 2 de maio, a partir das 21:30h no Casino1889, coas entradas xa á venda en ticketandroll.com ou no propio Casino, O Patacón, A Taberna de Cerceda ou o Pub Kronos de Ordes.

Máis novas