Dúas novas empresas traen ao Viveiro de Carballo case unha ducia de postos de emprego

O Viveiro de Empresas de Carballo atópase actualmente a un 70% de ocupación O Viveiro de empresas de Carballo - pertencente á Cámara de A Coruña - vén de incorporar dúas entidades de recente creación. Trátase de unha empresa de aillamentos térmicos e impermeabilizacións paraa mellora da eficiencia enerxética en edificios e outra pertencente ao sector da construcción de obra nova e reformas de vivendas e baixos comerciais. Entre as dúas, preves a creación de case unha ducia de postos de traballo. Actualmente o Viveiro da Cámara atópase a un 70% de ocupación e acolle empresas de diversos sectores como a prevención de riscos laborais, consultoría informática e protección de datos, prevención e vixianza da saúde, calefacción, gas e fontanería, fotografía aérea e outros servizos con drones, catering e coctelería, xestión de instalacións eléctricas,... que suman algo máis de medio cento de empresas dende a creación do Viveiro aló polo ano 2007. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Viveiro de Empresas de Carballo