xoves. 15.05.2025
El tiempo

Dúas novas empresas traen ao Viveiro de Carballo case unha ducia de postos de emprego

Dúas novas empresas traen ao Viveiro de Carballo case unha ducia de postos de emprego
viveiro-empresas-carballo O Viveiro de Empresas de Carballo atópase actualmente a un 70% de ocupación O Viveiro de empresas de Carballo - pertencente á Cámara de A Coruña - vén de incorporar dúas entidades de recente creación. Trátase de unha empresa de aillamentos térmicos e impermeabilizacións paraa mellora da eficiencia enerxética en edificios e outra pertencente ao sector da construcción de obra nova e reformas de vivendas e baixos comerciais. Entre as dúas, preves a creación de case unha ducia de postos de traballo. Actualmente o Viveiro da Cámara atópase a un 70% de ocupación e acolle empresas de diversos sectores como a prevención de riscos laborais, consultoría informática e protección de datos, prevención e vixianza da saúde, calefacción, gas e fontanería, fotografía aérea e outros servizos con drones, catering e coctelería, xestión de instalacións eléctricas,... que suman algo máis de medio cento de empresas dende a creación do Viveiro aló polo ano 2007. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Viveiro de Empresas de Carballo
 

Comentarios