A escola English Rocks celebrou a súa doble festa de fin de curso

Emotivo fin de curso para a EnglishRocks academia de Música e Inglés. Na terraza da escola carballesa foi actuando o alumnado de guitarra eléctrica, española, ukelele, baixo e voz, facendo temas clásicos de pop rock, dende REM, T. Rex, Bob Dylan, Luar na Lubre...

Non faltou o alumnado de inglés cunha cancion singular.

Concerto na Pedra

Como repeche, este sábado houbo varios dos grupos da escola que pratagonizaron un concerto na Terraza a Pedra en Nantón. Dreamers e The Buddies amenizaron o tardeo con clásicos de pop e rock, desde Patti Smith a Neil Young, Joan Jett, ACDC etc..

Os integrantes dos Dreamers son Noa Cousillas (voz), Alex Garcia, Hugo Casas e Carla Pombo ás guitarras, Lucía Leal ao baixo e Alberto Garcia á bateria.

The Buddies está formado por Lucas Cotelo, Mateo Suarez e Lucía Leal ás guitarras, Iria Blanco ao baixo, Noa Porteiro, voz e guitarra e Alberto Garcia á batería.