Tatuaxe, sexualidade e ciberseguridade, as temáticas das actividades para a mocidade do Espazo Xove de Carballo
Volve o curso ao Espazo Xove de Carballo, este lugar con moito potencial que vai organizando interesantes actividades gratuitas para a mocidade.
Xa ten plan para o mes de setembro, que chega con obradoiro de competencias dixitais
OBRADOIRO DE COMPETENCIAS DIXITAIS!
Dirixido á mocidade entre 12 e 14 anos, e impartido pola Fundación Cibervoluntarios A Coruña, sevirá para explorar ferramentas para coidar a privacidade, a filtrar e compartir contido de internet ou a detectar situación de ciberacoso
O obradoiro só se realizará se hai 12 persoas inscritas a día 1 de setembro!
OBRADOIRO DE SEXUALIDADE CON SESERA (12-15 anos)
Aprende a coñecer a sexualidade de forma saudable e responsable. Coñece os cambios biolóxicos na adolescencia e entende mellor o teu corpo e as túas emocións. Reflexiona sobre as relacións afectivas desde a igualdade de xéneros, o respecto e a liberdade. Desenvolve habilidades e actitudes para tomar decisións conscientes e coidarte a ti e ás persoas que te rodean
A cita será o mércores 3 de setembro de 12:00h a 14:00h impartido por Soledad Insua
OBRADOIRO DE SEXUALIDADE CON SESERA (16-19 anos)
Fala de relacións saudables, baseadas na igualdade, o consentimento e a comunicación. Recibe asesoramento sobre ITS e embarazos non planificados, sen xuízos e con información clara.
A cita será o xoves 4 de setembro de 12:00h a 14:00h
OBRADOIRO DE TATUAXE
Para xentes de 12 a 30 anos, a cita será o venres 26 de seytembro de 18:00h a 20:00h, impartido pola Vella Escola.
As actividades requiren de inscrición previa e teñen prazas limitadas, así que se estás interesado/a ou queres pedir información, envía un correo-e a espazoxovecarballo.xuventude@xunta.gal, chama ao tel. 881 880 420/21, WhatsApp 672 01 71 71 ou manda unha mensaxe privada as nosas redes sociais de Instagram e Facebook @espazoxovecarballo.