O Espazo Xove propón tardes creativas para a rapazada
08 de novembro de 2022 (09:57 h.)
Arrinca o programa de Outono do Espazo Xove de Carballo. E faino durante estes meses de novembro e decembro con talleres de Robótica, Ciencia, Rap, Maquillaxe artística, Teatro, Escape room, Xadrez, Cinema, Break.
Talleres dirixidos a mozos e mozas entre 12 e 18 anos (con preferencia ata os 16), que se desenvolven no propio lugar sito na Rúa Valle Inlcán 24, durante a semana de 17:00h - 19:00h.