Espiral Maior Foro acolle a presentación do libro músico e escritor César Morán
Este mércores, día 25 de marzo, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a presentación do libro “O eco das ondas”, do que é autor o profesor, músico, compositor e escritor César Morán.
Participarán no acto, ademais do autor, o escritor, investigador e historiador carballés Xan Fraga e o escritor director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.
“O eco das ondas” reúne en 230 páxinas toda unha serie de artigos xornalísticos publicados polo autor entre os anos 2020 e 2025, tendo como fío condutor “os camiños arredor da música”, nos que se recollen historias e vivencias persoais dun cantautor e intérprete que forma parte da historia da segunda metade do século XX e até a actualidade.
César Morán, licenciado na 1ª promoción de Filoloxía de Galego-Portugués, é catedrático de Lingua e Literatura, e en febreiro deste mesmo ano estreouse o documental sobre o seu oficio na música titulado “Todo pode esperar” de Borja Casal, “unha historia de amor pola música ao longo de toda unha vida”.
No remate da presentación do libro, César Morán interpretará diferentes obras do seu repertorio e da súa última obra discográfica.