Espiral Maior Foro acolle esta tarde de martes a presentación do estudio histórico de Hernrique Egea Lapina sobre Galiza e Portugal
07 de xullo de 2026 (08:58 h.)
Hoxe martes, 7 de xullo, ás 20:00 h., terá lugar no espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34), a presentación do estudo histórico, publicado por Através Editora, “As histórias que nos cont(ar)am. Na Galiza e em Portugal”, do que é autor o filólogo, profesor e historiador Henrique Egea Lapina.
Participarán no acto, ademais do autor, o profesor e filólogo Afonso Xavier Canosa e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.