Evencio Ferrero expúxose ás preguntas dos peque-xornalistas do CEIP Gándara-Sofán

Poucas veces tería diante o alcalde de Carballo, en rolda de prensa, xornalistas tan afiados como os peques do CEIP Gándara-Sofán. O centro solicitara a súa visita para que o alumnado de 3º de Primaria lles fixese numerosas preguntas. Algunhas persoais e outras máis orientadas a saber como se vive un proceso electoral.

Cando lle preguntaron de que se sentía máis orgulloso, dixo que se só podía escoller unha cousa quedábase coa contratación do servizo de limpeza viaria a Aspaber, que converteu a Carballo nun dos primeiros concellos do territorio estatal en apostar polos actuais centros especiais de emprego como fórmula de integración laboral e social das persoas con discapacidade.