Raparatoso accidente rexitrado esta pasada noite de martes en Entreríos, parroquia de Bértoa, Carballo. Pasadas as 21:00h unha persoa que quedaba atrapada no interior do seu vehículo, unha furgoneta, e necesitaba ser excarcelada, na estrada AC-552. Tratábase dunha muller de 52 anos de idade e estaba atrapada na furgoneta que estaba bastante deformada posto que recibiu un forte impacto frontal e outro pola parte traseira. A muller estaba consciente. Viaxaba ca súa filla de 11 anos que ía no asiento traseiro e saíu polo seu propio pe.
Para rescatar a conductora do interior da furgoneta os Bombeiros de Carballo tiveron que estabilizar a furgoneta, seguidamente cortouse e retiranronse as portas traseiras e a porta de corredeira lateral dereita, unha vez retirada estas partes do vehículo utilizouse un taboeiro espinal para sacala pola parte traseira da furgoneta.
No accidente houbo tres furgonetas implicadas. Na primeira furgoneta ían a muller excarcelada e a súa filla, de 52 e 11 anos de idade respectivamente, na segunda furgoneta ía un varón de 51 anos e na terceira furgoneta ía un varón de 37 anos de idade, todos foron traladados o hospital CHUAC da Coruña. Non houbo vítimas mortais.