Ferido un traballador en Carballo tras caer dunha altura de dous metros

Esta tarde un traballador resultou ferido ao caer dende unha altura de dous metros en Carballo. Os feitos tiveron lugar sobre as 15:30 horas nunha fábrica de aplicacións de formigón situada na estrada que une Malpica e Carballo, concretamente no punto quilométrico 2. O traballador foi trasladado polo equipo de urxencias médicas ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña - CHUAC -. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112