Ferido un traballador en Carballo tras caer dunha altura de dous metros
20:38 22/03/17
Esta tarde un traballador resultou ferido ao caer dende unha altura de dous metros en Carballo. Os feitos tiveron lugar sobre as 15:30 horas nunha fábrica de aplicacións de formigón situada na estrada que une Malpica e Carballo, concretamente no punto quilométrico 2.
O traballador foi trasladado polo equipo de urxencias médicas ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña - CHUAC -.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- 112