Fernando Cabeza Quiles fala da toponimia de Bergantiños no Espiral Maior Foro

Hoxe xoves, 29 de xuño, ás 20:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) unha conferencia/tertulia que, baixo o título “Toponimia máxica de Carballo e Bergantiños”, impartirá o escritor, profesor e investigador Fernando Cabeza Quiles.

Fernando Cabeza Quiles, con varias obras literarias e de investigación toponímica publicadas, está recoñecido como unha das grandes autoridades en toponimia de Galicia. Unha das súas últimas obras, “Toponimia de Carballo”, auspiciada pola Real Academia Galega, viu a luz no ano 2020, e xa é unha referencia universal a súa obra “Toponimia de Galicia”, con máis de 700 páxinas, publicada no ano 2008 pola Editorial Galaxia.

O acto é libre até completar o aforo e incluirá un coloquio entre o autor e o público asistente.